Xúntanse para votar da lingua dúas desas panderetas que van a carón da gaita por mor de facer ruído e dille unha a outra:
Din que no concello van a poñer iso da banda longa.
E de que vai, de seguro que son tódolos músicos en ringleira.
Pero que fata e inculta es. Trátase do internet, iso das autoestradas da información pola rede.
Sabia eu que tiña que ser cousa de peixes, pero se é pola seguridade dos mariñeiros douno por ben feito, proviños eles tamén teñen dereito.
E canto falas por non estar calada, o caso e darlle a húmida. Mira que es burra, se todo vai de ordenadores.
Claro, se eu ben sabía que nestes tempos ben fai falla un chisco de orde, se non, a onde iríamos a chegar, se os cartos liscan do noso carón coma alma do Demo.
E non das unha, segues no teu desacougo, por que na casa non tedes iso da banda longa.
¡Non oh! se na nosa casa aínda fai pouco que puxemos o caldeiro empotrado, e que co gindastre tiñamos como dabondo, alí o mesmo cocíamos para os porcos que para a xente.
Coido que cada día que pasa pola túa vida esvárache máis o miolo, perdes senso nena.
E, eee, sen asoballar, que aínda eu non che faltei en ningures.
Non o, e que ti endexamais faltas, máis ben sobras. Pero explicareiche: tendo a banda ancha nas parroquias xunto cun PC, pódese chegar os eidos más afastados do mundo sen mor de terse que mover da casa, e todo polo fío.
Quéresme dicir que viaxas por un fío, se é dese xeito coido que xa me perdo de todo. Nos meus tempos votábamos man do coche de liña para achegarnos a Lugo. Así que, arestora como e.
Pois que ti podes mercar dende a casa sen máis lerias, e podes pagar tamén.
Coido que ti estas a quentarme o miolo e poñerme desacougada de todo. E como se lle dan os cartos o da tenda, tamén se lle mandan polo internete ese.
Iso mesmo, e ata se poden pendurar retratos nas redes sociais para que podan dala volta o a o mundo para que as vexan tódolos que ti queiras. Claro, e que ti case non chegaches máis aló do rego da zoca preto do monte de Estelabello.
Ti moita fachenda con iso do ordenador, pero aínda non ai quen fenda a leña con ese trebello.
A leña non, pero podes crear un blog e escribir nel as túas cousas para que as vexan unha morea de xentes que nin tan sequera te coñecen.
O Demo. E onde dis que vertelas letras para que cheguen tan lonxe. Por que dese xeito podíalle mandar eu a miña curmán da Arxentina.
Claro, se todo iso e como moi doado, a trabes do teclado escribes o que queiras, creas un arquivo e podes mandarllo que en segundos chega arreo o seu destino.
A verdade e que non me estraña nada que a xente agora fale soa pola rúa cun cacho de plástico na orella. E pensar que cun cribo se pode chegar a Arxentina, máis ben será cousa de meigas. Con razón me dixo o outro día o carteiro que se tiña que xubilar, que a súa profesión xa non tiña sentido, que as cartas xa non se levaban.
Xa vexo que o teu non e de arranxo. Déixao e igual, esquece todo o que che din.
Ai xa, agora que xa descubrín como se chega a Vos Aires polo fío, queres que o deixe, diso nada.