De tódolos xeitos
Doutor teño un problema, cando estou na cama non sei para que lado poñerme. Se o fago para un sóbeseme o ril, se o fago para o outro faino o fígado.
Doutor teño un problema, cando estou na cama non sei para que lado poñerme. Se o fago para un sóbeseme o ril, se o fago para o outro faino o fígado.
Pois póñase para riba- exponlle o da menciña.
E que daquela sóbeseme o marido.
De tódolos xeitos, vai ser das mellores opcións, a non ser que teña outros inconvenientes engadidos.
No Hospital
No hospital atopa paseando polo andar da terceira e foille contando que debido o accidente quedaranlle espolas nada doadas de superar .
Muller serían secuelas.
Ben, como se diga, e agora aquí ando con este talego que debido que o engrenaxe ten que ir ceibando todo iso que non e bo.
Referiraste o drenaxe.
Claro muller, e que máis da. O caso que agora aproveito para que me operen das corneas, pois non vexo nada ben.
Daquela a veciña calou para non engadirlle máis nin ratificarlle i dito.
E xa lle dixen a filla, que como e tan nova e non ten xeito da lavadora, que lle deixe facer ben o corrifugado, que xa temos dabondo con todo isto. E para colmo, que cando cavilabamos que nisto farían o noso barrio organizable, aínda non vai desta.
Poida que sexa urbanizable, recoméndalle.
A min dáme o mesmo, o caso que o fixeran.
Deixouna alí no seu desatino e díxolle. Que te mellores que voa falla che fai.
E así dioloqueira muller, o mesmo che digo polos da casa.
Non sabia ben se aquela mulleriña o facía por retranca ou por que o seu miolo non lle daba para máis, pero había cousas que non se lles debía de dar moitas voltas e tomalas como viñan.
Ter unha virxe na casa
Casara cunha virxe e como era de lei baixo dos seus coñecementos relixiosos, comezou a adorar en ila coma se tal fose, aínda que a moza non estaba moi convencida de acertar co marido.
Para colmo, pola noite rezáballe diante da cama: Con Deus me deito, con Deus levántome, coa Virxe María mailo Espritu Santo. Tres anxiños os pes, máis catro na braceira, coa santa María na dianteira.
Daquela a cama tronzou pola metade, e ela díxolle:
¡Pero home! farache falla tanta xente na cama, se comigo abonda, dende logo é para escachizarse.
Uha de hospitais
Hospital Xeral bos días digame.
- Si, Bos días, quixese falar con alguén que me de información sobre un paciente que está internado.
- De que paciente se trata?
- Chámase Antón Comesa Otero e está na habitación 376.
- Un momento, pásolle coa enfermeira de planta.
- Bos días, fala a enfermeira Luísa Casal , en que podo axudarlle?
- Quixese saber as condicións clínicas do paciente Antonio Comesa Otero da habitación 376, por favor.
- Un minuto que vou localizar ao médico de garda.

O cabo dun instantiño respóndelle:
- Bos días, fala co doutor Quirós, en que podo axudalo?
- Verá doutor, quixese que me informasen sobre o estado de saúde de Antonio Comesa Otero da habitación 376.
- A ver, un minutiño que consulto a ficha do paciente.
- Ben, grazas
- Aquí está. Vexamos, hoxe alimentouse ben, a presión e o pulso mantéñense estables e está respondendo ben á medicación polo que mañá retirarémoslle o monitor cardíaco, e se continua nesta liña darémoslle o alta en dóus ou tres días.
- ¡Moitas grazas doutor, non sabe vostede a boa noticia que acaba de darme! ¡Foder que alegría!
- Alégrome home, quen é vostede? O seu pai acaso?>
- Non o non, que va, eu son Antonio Comesa Otero e estou chamando dende a habitación 376, o que pasa é que aquí todo o mundo entra e sae do cuarto cando lle sae da entreperna, parece que falan entre vostedes en chinés e eu como non entendo un carallo.
Cousas de Felis

Contáronme o de teu cuñado
Souben o de teu cuñado, proviño.
Pois collérono polos pelos, tiña o das motoras.
¿Con dúas motoras? Maila que Demo, logo andaba coa fariña.
¡Non muller! E iso que din do Hospital Central.
Daquela sería neumotoras.
Pode, e que eu niso das linguaxe médicas non me defendo. Pero non e todo, xa que lle poden quedar séculas.
María... serán secuelas.
E serán, se ti o dis. E que a min céibanseme de seguida as cousas do miolo. ¡Ai pero voume! que estou no tino de velar a lavadora que non me trifuga e teño que escorrela a man.
E que ti non tes remedio, lavadiño sexa Deus moito desfas nas palabras.